Thursday 19 de September de 2024

O taller ‘Reserva de Biosfera: Emprego verde’ ofrecerá un ano máis formación a alumnos de seis municipios da comarca


· A Xunta de Galicia publicou a resolución a través da cal concede unha axuda de 411.928,00 euros para a realización desta formación durante o curso 2024-2025.

· A iniciativa irá dirixida a un total de 20 alumnos dos municipios de Abegondo, Bergondo, Oza – Cesuras, Sada, Paderne e Carral

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración fixo pública a resolución da concesión dunha subvención dotada dun importe de 411.928,00 euros para a posta en marcha da que será a cuarta edición do programa dual de emprego ‘Reserva de Biosfera: Emprego Verde’.

Deste xeito, un total de 20 alumnos e alumnas dos municipios de Abegondo, Bergondo, Carral, Sada, Oza – Cesuras e Paderne poderán formarse no ámbito da conservación de espazos forestais e xardinería. O taller terá unha duración de doce meses e nel impartiranse tanto contidos teóricos como diversos traballos prácticos nos montes e zonas verdes dos concellos involucrados. Os participantes que logren completar a formación conseguirán #certificar de profesionalidade das especialidades de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes ou na de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, agradeceu o apoio do goberno autonómico “para que un ano máis poidamos dispoñer dunha formación que de seguro será capaz de promover novas oportunidades laborais para a veciñanza”. Nesta liña, Santiso tamén sinalou “a importancia dá cooperación institucional e do traballo conxunto entre as distintas administración para poder levar a cabo este tipo de iniciativas”.